Máis sobre este xogo

Ponte ao día! forma parte do programa Somos Ponte, que a Coordinadora Galega de ONGD desenvolve en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

Este xogo quere ser unha ferramenta de sensibilización e educación. Unha maneira distinta de ver de preto cuestións como a solidariedade, os dereitos humanos, a sustentabilidade ou a xustiza social. E de coñecer organizacións e proxectos de cooperación que loitan por un mundo máis igualitario.

Cartaz promocional da segunda edición de Somos Ponte

Ponte ao día! é un xogo creado pola Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento co apoio da Deputación de Pontevedra, o deseño de Marta Conde (Conxenia) e a programación de Berto Yáñez

Volver ao inicio